Denuncian que el Estado español bloquea cargamento de medicinas que iba para Venezuela
A páxina de investigación La Tabla denunciou que España
bloqueou un cargamento de medicinas que se dirixía a Venezuela. Trátase de 200
mil unidades de medicamentos para enfermidades crónicas, como a hipertensión.
O goberno venezolano mercara estes fármacos a unha empresa
privada en Qatar. O cargamento viña nun voo da arealiña española Iberia rumbo a
Venezuela. A aeronave fixo escala en España e logo seguiu cara a Maiquetía,
pero tivo que regresar á península ibérica. Sen ningunha explicación, as
autoridades españolas ordenaron o regreso do voo de Iberia que traía estas
medicinas para o pobo venezolano.
Aínda non houbo un pronunciamento oficial do goberno español
por este bloqueo dos medicamentos. Este xoves 14 de febreiro, o primeiro
vicepresidente do PSUV, Diosdado Cabello, no seu programa “Co Mazo Dando”
confirmou esta denuncia.
Este caso é un exemplo concreto de como as sancións
criminais de EEUU impactan na calidade de vida dos venezolanos. Nos últimos 5
anos, a prensa apuntou a noticia de varios cargamentos de medicina comprados
polo goberno venezolano e bloqueados por países e institucións subordinadas á
Casa Branca.
En novembro de 2017, o presidente colombiano Juan Manuel
Santos prohibiu ao laboratorio BSN Medical venderlle a Venezuela o tratamento
para a malaria e o paludismo. En 2018, o City Bank e Euroclear bloquearon mil
682 millóns de dólares do goberno venezolano destinados a comprar medicinas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario